Música e poesía no Festival pola Lingua de Queremos Galego

La Voz

PONTEVEDRA

26 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Lingua e música danse a man hoxe no Teatro Principal, ás 20.30 horas, no Festival pola Lingua organizado pola plataforma Queremos Galego, dentro das actividades encamiñadas a «seguir loitando contra o ataque da Xunta ao noso patrimononio», como subliñou o seu voceiro Kiko Da Silva.

Os músicos Adrián Silva e Jorge Alberte e o poeta Carlos Fontes presentan Poemas con música e piruletas. Tamén intervirán Laura e Marina Quintillán, violonistas e profesoras do Conservatorio, o Seminario Permanente de Jazz, o rapeiro Aid e Carlos Yus, músico e actor do grupo de teatro Migallas. A concelleira Lola Dopico e Xosé Abilleira, de Queremos Galego, darán a benvida aos participantes, e Kiko Da Silva fará o discurso da plataforma. Ademais, pasarase un vídeo sobre a manifestación do 18 de outubro en defensa do galego para seguir cas actuación de música tradicional de TNT, Quempallou e Marcelo como fin de festa. A entrada é de balde.

O cartel anunciador, de Kiko Da Silva, recolle aos personaxes de Asterix, «os galos que son os galegos defendendo non un territorio senon o noso patrimonio cultural».

Queremos Galego súmase tamén a petición de que os descontos aos asistentes a folga sexa para Haití.