Medio milleiro de entidades respaldan a manifestación de hoxe en Santiago a prol do galego

La Voz

PONTEVEDRA

18 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Case cincocentas entidades do máis diverso tipo respaldan a manifestación que hoxe se celebra en Santiago a prol do galego, coa que se pretende contestar á política lingüística de Núñez Feijoo.

A marcha, convocada pola plataforma Queremos Galeg o, sairá ás doce da mañá da Alameda compostelá para finalizar na praza da Quintana. Nela tomarán a palabra o escritor e presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, a actriz Patricia Vázquez, o músico e comunicador Xurxo Souto, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.