Este sábado iniciase un novo curso político no Castelo de Soutomaior coa presencia do presidente nacional do partido, Mariano Rajoy, e co líder do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. «Coincide que por primeira vez, Feijoo ademais de ser o presidente do noso partido e por primeira vez presidente da Xunta de Galicia. Esto é unha novidade, unha situación que cambia con respecto ao ano anterior», declarou onte o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa. Nos últimos anos, o curso político do PP iniciouse na provincia de Pontevedra. «Primeiro foi na zona do Salnés e nos últimos anos en Soutomaior, Isto mostra a importancia que ten Galicia no contexto nacional dentro do noso partido», explicou Figueroa, que puso de manifiesto o inicio dunha nova etapa en Galicia «cunha corrente totalmente favorable para o PP». dixo. «Esperamos que o curso político signifique un inicio da precampaña cara unhas próximas eleccións municipais que están as portas do ano 2011». Un dos obxectivos do PP na provincia de Pontevedra é seguir consolidando os resultados electorais que obtiveron nas últimas contendas. «Os resultados son moi positivos para o partido e iso poida conlevar a un cambio de ciclo que se produciu en Galicia e que se manteña nas próximas eleccións municipais. Obxectivos claros para recuperar moitas das alcaldías». Figueroa subliñou «que aínda de ter a maioría, o PP ten que acadar a mayoría absoluta para poder gobernar». Os populares queren consolidar «unha tendencia de cambio» iniciada en marzo, para que continúe nas vindeiras eleccións municipais e «a partir de aí cara as nacionais. Queremos que un galego sexa o inquilino da Moncloa», concluiu Figueroa.