A Irmandade Xurídica Galega recoñece o labor en defensa da lingua de dous funcionarios da comarca
PONTEVEDRA
A Irmandade Xurídica Galega, unha asociación de funcionarios para a normalización lingüística de Galicia constituída o ano pasado, celebrou o sábado no Pazo de Fonseca de Santiago o acto de imposición de togas de galeguidade aos novos membros da entidade, un catedrático, catro maxistrados e tres avogados.
Todos eles pasaron a formar parte desta asociación que ten como obxectivo a normalización da lingua galega nas actividades xudiciais e no ámbito xurídico, onde a presenza do galego é aínda escasa.
Pero no acto do sábado en Santiago a Irmandade Xurídica Galega dou tamén a benvida a seis funcionarios que recibiron a insgnia da asociación. Entre eles había dous da comarca do Salnés, que foron Xaquín Charlín, funcionario do xulgado número un de Cambados, e Xesús María González, secretario do xulgado de paz de Vilanova, aos que se lles recoñece o seu labor na defensa do galego no ámbito xudicial.
No acto de recepción dos novos membros participaron todos os que dende o ano pasado forman parte xa desta entidade. Entonces, os fundadores da Irmandade recibiron no Mosteiro de Celanova a toga da galeguidade.