Editada en galego a primeira novela de María Victoria Moreno, «Onde o aire non era brisa»


Onde o aire non era brisa é a primeira novela da desaparecida escritora María Victoria Moreno, que onte se presentou traducida ao galego no centro onde a autora deu clases nos últimos anos da súa vida docente, o IES Torrente Ballester.

Trátase dunha obra póstuma que a propia autora revisou e corrixiu nos últimos anos da súa vida. A novela, que permanecía inédita, narra as experiencias dunha mestra nova nunha vila de Castela durante a década de 1960. A primeira versión da novela é de 1969, de aí que sexa a única obra escrita en castelán por María Victoria Moreno, autora de Anagnórise, unha das obras de literatura xuvenil máis lidas en Galicia.

María Victoria Moreno (1941-2005), licenciada en Filoloxía Románica, conseguiu en 1963 unha praza de profesora de instituto no IES Valle Inclán de Pontevedra, establecéndose en Galicia. A mediados dos oitenta pasou ao IES Torrente Ballester, onde se xubilou no ano 2002. De seguida de chegar a Galicia identificouse co país e aprendeu o galego, converténdoo na súa lingua. Dende aquela escribiu toda a súa obra literaria en galego. Gran parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil, como O Cataventos ou Leonardo e os fontaneiros.

En Onde o aire non era brisa a escritora conta a vida e as vicisitudes dos habitantes das aldeas de Castela na época da posguerra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Editada en galego a primeira novela de María Victoria Moreno, «Onde o aire non era brisa»