O 20 de novembro tamén é o Día Universal da Infancia


Numerosas actividades recordaron que a data de onte é algo máis que o 20-N, tamén é o Día Universal da Infancia. Moitas institucións da provincia concienciáronse coa defensa e os dereitos do menor. Fai dezanove anos que se firmou na ONU a declaración dos menores.

O centro Príncipe Felipe congregou a seiscentos rapaces procedentes de 25 colexios da provincia. Os rapaces agrupados en varios grupos puideron disfrutar de distintos obradoiros relacionados coa maquillaxe, globoflexia ou a reciclaxe. Tamén tiveron actividades lúdicas con inchables de básquet, chuta gol ou tobogán galiñeiro e xungla. Ao mediodía, comezou o espectáculo infantil «Rei Midas, maxia cómica» a cargo do humorista e prestidixitador arxentino.

A Fundación Meniños desenvolveu varias actividades, entre as que destacou a exposición interactiva no colexio Froebel na que participaron os nenos de 3º e 4º de Educación Primaria. A presentación contou coa presenza da Directora Xeral de Benestar Social, Carmen Santos e a concelleira de Educación, Margarita Castejón. Asemade, durante toda a semana estase a desenvolver un ciclo de cine no Teatro Principal e na Biblioteca Pública, composto por catro sesións de cine infantil e unha proxección debate.

O campus de Pontevedra tamén volcouse coa celebración do día da infancia. A comunidade universitaria plantou unha árbore como símbolo do compromiso e proxectou o documental SOS Níxer dos actores Ana Duato e Imanol Arias. Ademais, presentáronse uns murais para conmemorar este aniversario.

A asociación Cruz Vermella somouse ás celebracións, instalando na praza da Ferrería actividades de globoflexia e pintura corporal. Na mesma praza colocouse un stand onde se repartiu información sobre os proxectos desta asociación en Pontevedra, en relación coa xuventude e a infancia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

O 20 de novembro tamén é o Día Universal da Infancia