Este venres comezan os actos en Poio

L. P.

PONTEVEDRA

08 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A conmemoración do Día das Letras Galegas en Poio arrancará este venres cunha conferencia multimedia por título O fío da Ariadna. Labirintos mitolóxicos na poesía galega (Casal de Ferreirós, 20.30 horas), para xa o 15 de maio celebrarse unha sesión de contacontos na Biblioteca municipal (18.30 horas).

Dous días máis tarde, Raxó será escenario da tradicional carreira popular, acto que este ano concluirá coa actuación da contacontos Marisa Eiriña. Pola tarde, o escritor Luis Rey Núñez abordará na Confradía de Pescadores A creación literaria, ao tiempo que se entregarán os premios ás gañadoras do certamen literario Xaime Isla Couto: Andrea Rodríguez, Laura Otero, Mercedes Rodiño, Inés Medrano, María Teresa Fontán, Cristina Ramírez, Nerea Albar, Lucía Vieitez, Alba Hermida, Eva Piñeiro, María José Carballa e Maruxa Quintáns.