«En Pontevedra hai moitos máis sitios para tocar que en Santiago»

Jaime Velázquez

PONTEVEDRA

03 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Martin Wu, vocalista e guitarrista do grupo compostelán The Homens, coñece ben Pontevedra. Onte trasladouse desde a capital ás privilexiadas Rías Baixas «para tomar o sol e un café, agora que chega a primavera». Está a promocionar o seu primer disco, e espera vir pronto a tocar na cidade.

-¿Xa coñece Pontevedra de outras veces?

-Traballei aquí moito tempo. Coñezo, sobre todo, os aparcamentos disuasorios. Marchei para Santiago porque o gasóleo esta pola nubes.

-Santiago será mellor para facer carreira de músico...

-É igual de imposible nun sitio que noutro. En Pontevedra hai moitos máis sitios para tocar que en Santiago. Alí se non pagas pasta, nada, Tes que alugar a sala; os donos dos locais non se arriscan. Podes cobrar a entrada, pero moitas veces non che dan nin unha parte da recadación das consumicións.

-¿E que tal están a saír as cousas?

-A uns mellor que a outros. Nós estamos agora coa promoción do noso primer LP, que se chma Tres. Na nosa web, Thehomens.com, pódese descargar gratis.

-¿Tedes pensado vir a tocar aquí?

-De momento non temos data... O máis cerca é un concerto no Porriño, pero estamos desexando vir tocar a cidade, porque o público aquí é moi caluroso.