O empresario Ernesto Filgueira dá hoxe o pregón da Festa da Filloa en Valongo

La Voz

PONTEVEDRA

01 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O presidente da asociación empresarial Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra, Ernesto Filgueira, é o pregoeiro da 29 edición da Festa da Filloa de Valongo, Cotobade, que cse celebra hoxe e que inclue o tradicional concurso de filloas e posterior degustación. A celebración enmárcase nos festexos dedicados á Virxe do Libramento.

Os organizadores desta cita estiman que haberá unhas 5.000 filloas para probar, que se venderán a 0,50 euros a unidade.

A festa iniciarase pola mañá, con dianas e alboradas a cargo do grupo folclórico Os Trazantes de Tenorio e ás 13 horas, oficiarase a misa da romería de Nosa Señora do Libramento. Pola tarde, sendeirismo pola ruta dos muíños e ás 18 horas comenzará o concurso da filloa, con degustación dunha gran variedade, tanto típicas feitas á pedra, como de tixola.

A lectura do pregón terá lugar ás 20.30 horas e pola noite haberá unha verbena popular, amenizada polas orquestas París de Noia e Panorama. Ademais, durante toda a tarde actuará a charanga Apeles e o grupo Os Trazantes de Tenorio.

Mañá, domingo, o pasarrúas matinal estará a cargo da Banda Unión Musical de Tenorio e a misa solemne será ás 13.35 horas, si ben durante toda a mañá se oficiarán servicios relixiosos.

O presuposto destes festexos asciende a 25.000 euros, según indicou Santiago Couto, membro da comisión organizadora.