A romaría de San Bieito abre as festas de verán

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

O Concello repartirá 2.500 kilos de mexilóns e empanada Na igrexa celebraranse misas desde as 7 ás 21 horas ininterrumpidamente

10 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?ontevedra vive hoxe a primeira gran festa do verán, a tradicional romaría de San Bieito que abre a programación deseñada polo Concello ata o mes de setembro. Na igrexa de San Bieito celebraranse misas dende as 7 ás 21 horas de xeito ininterrumpido. No que respecta á romaría nos salóns do Lérez, o Concello ten previsto repartir alrededor de 1.500 kilos de mexilóns e 1.000 de empanada, na celebración que terá lugar ás 12 horas. Pero antes, a festa comezará co recorrido que farán os grupos de música tradicional desde a praza de España ata os salóns do Lérez e coa actuación de Tanxedoiras do Pandeiro, ás 11.45 horas. Tamén está previsto un concerto da Banda de Música de Pontevedra, no adro do mosteiro de San Salvador, ás 13.30 horas. Xa pola tarde, a música continuará amenizando a festa coa actuación dos Alegres (ás 17 horas) e porá fin á xornada, co recital da orquesta Tornado no adro do mosteiro. A celebración transmitirase pola web del Patronato Turismo Rías Baixas. Despois desta romaría, as actividades continuarán co Memorial Ricardo Portela, este vindeiro fin de semana no centro histórico. O evento contará como é habitual cunha exhibición de instrumentos tradicionais paralela ao certame. Despois virán o Festival de Jazz, a partires do día 16 e ata o 25, e coa celebración de Santiaguiño do Burgo, que terá lugar entre os días 24 e 26 deste mes. Hai que lembrar que a cita co jazz e o blues ven cargada este ano de figuras de primeira fila, como Joshua Redman (o día 22), Kurt Elling (23), The Campbell Brothers (24) e Magic Slim e os Teardrops (o 25). Estas son as actuacións que acollerá a praza da Ferrería. Sin entradas Tamén en xullo se celebran os dous concertos de pago do verán, o de Serrat e Sabina o día 17 (para o que xa non quedan entradas) e o de David Bisbal o 28, ambos na praza de touros. Xa no mes de agosto, o festival Vibrasons na praza da Ferrería porá o punto de arranque para as festas da Peregrina, que comezarán o día 11. Este ano, os concertos gratuitos na Ferrería os protagonizarán Barricada (11), Nena Daconte (12), Sugar Mountain, Deltonos, Burning e The Cell (13), Dover (15), Pepe Vaamonde (17), Kepa Junquera (18), Fangoria (19) e Miguel Bosé (o día 20).