O Memorial Portela repartirá 3.600 euros en premios

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

XOÁN CARLOS GIL

A cita coa música tradicional terá lugar os días 14 e 15 O prazo de inscripción para cuartetos, quintetos e sextetos está aberto

03 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello pontevedrés convocaron unha nova edición do concurso Memorial Ricardo Portela, que se desenvolverá os días 14 e 15 deste mes de xullo. Trátase da oitava edición deste evento, que terá de novo como escenario o centro histórico. O sábado día 14 terá lugar o concurso do Memorial, no que poderán participar agrupacións de música tradicional galega con formato de cuarteto, quinteto ou sexteto. Este ano, a organización repartirá un total de 3.600 euros en premios. En concreto, haberá tres premios en metálico para os tres primeiros clasificados no certame de 1.500, 900 e 600 euros. Pero ademais, se otorgarán tamén dous galardóns especiais, o Ricardo Portela, dotado con 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de Portela, e outro premio dunha gaita creada especialmente para este oitavo memorial e que se entregará ao grupo que ofreza a mellor interpretación dunha peza en toque pechado. A fase eliminatoria celebrarase sobre un percorrido polas rúas e prazas da cidade, polo que os grupos deberán tocar, a xeito de dianas e alboradas, distintas pezas galegas ben tradicionais ou de autor. A fase final celebrarase nunha das prazas do centro histórico e os grupos clasificados terán un tempo máximo de oito minutos para interpretar dúas pezas galegas (tradicionais ou de autor). Tanto ese sábado, como o domingo 15 celebrarase a sexta edición da Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais na praza da Verdura. Por último, o domingo tamén terá lugar como colofón ao memorial o Festival de Música Tradicional, que comenzará a partires das oito da tarde na praza da Verdura e reunirá sobre o escenario aos grupos Ardentía e Tanxedoras do Pandeiro. A inscripción para o certame debe formalizarse ata o 10 de xullo no rexistro do Concello pontevedrés, ben en persoa ou ben por correo. Para máis información, os interesados poden contactar co teléfono 986????896????528.