El BNG continúa coa súa ronda de preguntas sobre a circunvalación cunha á ministra Narbona


la voz | pontevedra

?espóis de que a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, respostara na sesión plenaria de Congreso a unha pregunta do Bloque sobre a circunvalación de Pontevedra, agora a depetuda Olaia Fernández formula unha nova cuestión sobre o vial, pero á ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona. Na resposta de Álvarez, a titular de Fomento desvelou que unha partida de 3,1 millóns de euros para a infraestructura pontevedresa permanece bloqueada pola falta dun trámite de Medio Ambiente. Trátase da declaración de impacto ambiental sobre o trazado, e que é competencia da área de goberno de Cristina Narbona.A deputada do BNG quere coñecer en que situación está a tramitación, os prazos previstos por Medio Ambiente para que estea feita a declaración de impacto ambiental da circunvalación pontevedresa, se é factible que se teña concluido nos próximos meses e se o Ministerio de Medio Ambiente ten previsto acelerar a tramitación a fin de que o Ministerio de Medio de Fomento poda executar o presuposto de 3,1 millones.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

El BNG continúa coa súa ronda de preguntas sobre a circunvalación cunha á ministra Narbona