Proxección cinematográfica

La Voz

PONTEVEDRA

CAFÉ MODERNO | 20.00 HORAS

11 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Dentro do ciclo Xogando co tempo de Caixa Galicia proxéctase hoxe O Padriño, de Francis Ford Coppola, unha das mellores películas da historia do cinema. Baseada na novela de Mario Puzo que vendeu máis de 15 millóns de exemplares en Estados Unidos, a triloxía supón unha lectura crítica da sociedade norteamericana, as relacións intrafamiliares, a práctica política e os seus esquemas morais. Filmada no 1972, obtivo sendos Óscar á mellor película, guión e actor para Marlon Brando polo seu papel de Vito Corleone, xefe dunha das cinco familias da Cosa Nostra, quen envióu a recollelo a unha india. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.