Teatro do Atlántico presenta «Memoria do 36»

La Voz

PONTEVEDRA

TEATRO PRINCIPAL | 20.30 HORAS

02 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Espectáculo poético musical da compañía Teatro do Atlántico que conta coa voz de Pilocha, a música de Xavier Constenla e a beleza narrativa de Xosé Luís Bernal, baixo a dirección de Xulio Lago. A través das palabras dos poetas, Memoria do 36 pretende exercitar a nosa memoria colectiva arredor da guerra civil española e da posguerra. O espectáculo incorpora textos de escritores como Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco Amor, Pilar Pallarés, Álvarez Blázquez, Xosé Luis Méndez Ferrín, Álvarez Cáccamo, León Felipe, María Casares, Xesús Alonso Montero o Miguel Hernández, entre outros. As entradas, que se porán a venda desde unha hora antes da representación, custan 5 euros, 3 para desempregados, estudantes e xubilados.