«Non podemos esperar máis para ter un Plan Xeral»

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

RAMÓN LEIRO

Entrevista | Isabel Martínez Lidera Mar-In e di que en moito tempo non houbo apoio doutras administracións, unha situación que estima superada

16 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Isabel Martínez tomou o relevo a Alfonso Blanco á hora de encabezar a lista de Marinenses Independentes ao Concello de Marín. -¿Quen é Isabel Martínez? -Que compricado. Unha muller de 50 anos que, neste momento, se presenta á alcaldía de Marín. Unha nai de familia traballadora que vive na sociedade actual. Xa levo un tempo na política e as circunstancias leváronme a presentar á alcaldía. -¿Cales son esas circunstancias das que fala? -Eu milito nun partido que se creou tres meses antes das eleccións municipais de hai catro anos e que presentou unha candidatura que encabezou Alfonso Blanco. Neste intre, Alfonso prefire estar nun segunda plano porque leva moito tempo na política e dentro do partido había que tomar unha decisión que realmente non foi doada. Efectivamente todos estamos dispostos a participar... pero ninguén quería ser o número un. Houbo un par de propostas e, ao final, a xente do partido confioume a min ser a cabeza de lista e eu orgullosa de selo. -¿Que lle falta a Marín? -¡Uff! O primeiro, o que está xa un pouco en marcha neste momento, que é o Plan Xeral. Non podemos esperar máis para ter un Plan Xeral. Agora mesmo está en exposición pública ata xusto antes de que comece a campaña e esperemos que todo vaia ben, con normalidade e que dentro dun ano e un pouco esteamos falando xa dun plan aprobado. É fundamental porque del depende todo o desenvolvemento de Marín, tanto a nivel urbanístico como social. Hai que ter en conta que o Plan significará o crecemento urbanístico, pero tamén o crecemento en dotacións de todo tipo, culturais, deportivas, educativas, de tipo social... É fundamental. -¿A que achaca a situación actual do municipio? -Durante un longo período de tempo houbo moi pouca colaboración doutras administracións con Marín. Ese momento está bastante superado pero temos un retraso en inversións por parte das administracións, tanto autonómica como central, que haberá que recuperar nos catro anos que veñen. -¿Abriuse unha nova etapa coa decisión de Antonio Santiago de non loitar por repetir mandato? -Levamos gobernando co Partido Socialista e con Antonio como alcalde no mandato anterior e neste. Eu levo só dous anos no Concello e teño que dicir que a relación con el foi excelente. Nós contamos en todo momento coa súa colaboración. Pensamos que fixo un gran traballo. Indudablemente a nivel político os traballos é moi difícil rematalos porque sempre hai cousas. Foi unha decisión persoal del na que nós non entramos. El considera que pechou unha etapa e que chegou o momento de adicar máis tempo a súa familia e esa decisión hai que respetala.