Propoñen chamar Barriada do Con á actual de Salvador Moreno

La Voz LA VOZ | MARÍN

PONTEVEDRA

27 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? Mesa de Marín pola Recuperación da Memoria Histórica presentou, no rexistro do Concello, unha petición para modificar o nome de varias rúas e da barriada de Salvador Moreno, para «eliminar os vestixios da ditadura» na localidade. Desta forma, este colectivo cre que a Barriada de Salvador Moreno debería pasar a denominarse Barriada do Con, por ser así como era coñecido este lugar antes de construírse este grupo de vivendas. Nesta mesma liña, avogan porque o instituto Salvador Moreno pase a chamarse Blanco Freijeiro, en honor ao xa falecido único marinense na Academia da Historia e da Real Academia Galega. Outras rúas das que a súa nomenclatura estaría aberta a modificación son as de Bastarreche por Rúa da Ponte, Calvo Sotelo por Rúa de Oseira, Salvador Moreno por Rúa da Almuíña, Tiro Naval Janer por Rúa do Baño e Calvo Sotelo por Praza da Memoria.