Tirso Cons e Javi Montes falarán sobre o futuro da banda deseñada

Bibiana Villaverde
Bibiana Villaverde PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

27 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

¿Está nunha boa situación o mundo da banda deseñada en Galicia? Esta cuestión será a que motive o acto de hoxe ás oito da tarde no centro social de Caixa Galicia. A charla forma parte das segundas xornadas de banda deseñada que se celebran na cidade dende o 1 ata o 30 de setembro. O acto de hoxe reunirá a Tirso Cons e a Javi Montes ao redor dunha mesa na que charlarán sobre as súas experiencias en común e por separado. Ámbolos dous traballaron xuntos na obra El ojo del diablo pero teñen traxectorias distintas. Tirso Cons ven da publicidade e deu o salto á banda deseñada cunha editorial francesa. Javi, pola contra, traballa en Galicia e está en contacto permanente co mundo do cómic galego. O obxectivo do encontro é opoñer as experiencias destes artistas galegos para tratar de esclarecer a situación da banda deseñada en Galicia e en España. Segundo Tirso Cons «en España son más reacios a recibir proyectos, pagan menos y es más complicado hacerse un hueco». Sen embargo o debuxante asegura que en Galicia hai unha canteira moi importante que se está a asemellar á de Barcelona, que é a cidade do comic por excelencia en España. Tirso Cons e Javi Montes coinciden en asegurar que en España é moi complicado publicar obras propias e que hai moi poucas empresas «serias» das que se poida vivir. «Lo que pagan es anecdótico más que para poder vivir», afirma Javi Montes. Segundo estos autores, a actividade en Galicia limítase á publicación Golfiño. Esta tarde os dous autores galegos falarán desta situación e doutras relacionadas coa actividade da banda deseñada en Galicia e en España. Época de cambios A actividade da banda deseñada en Galicia está a sufrir un cambio grande segundo Kiko Da Silva, un dos organizadores do evento. «Ata hai cinco anos non se nos tiña en conta en ningún salón do resto de España», afirmou. Da Silva asegura que hai dous anos comezou esta actividade. «Fálase de que Galicia estase a parecer a Barcelona na aparición de novos artistas que están a revitalizar esta actividade», matizou.