Pavís Pavós e «Vieiros» gañaron o premio Xoán Manuel Pintos

En dous minutos | Fallo do certamen de divulgación da lingua O Concello e a Rede de Entidades Amigas da Lingua deron a mención de honor a recentemente desaparecida escritora María Victoria Moreno


ch. l. | pontevedra

O colectivo de contacontos Pavís Pavos e o portal Vieiros resultaron gañadores, por unanimidade, da primeira edición do premio Xoán Manuel Pintos. O xurado tivo un recordo especial para a escritora cacereña, galega de adopción, María Victoria Moreno, recentemente falecida, otorgándolle unha mención de honor.O premio que leva o nome do xurista e escritor que foi figura central do rexurdimento, pretende distinguir ás persoas e entidades que destaquen pola utilización e o espallamento da lingua galega. Precisamente ese compromiso co galego foi o máis valorado polo xurado á hora de premiar a María Victoria Moreno. «Un premio destas características non podía olvidar a esta muller e o seu compromiso coa lingua galega e coa formación dos mozos», indicóu a concelleira María Xesús López Escudeiro. Conchi Cochón e Rubén Aramburu, membros do xurado, suliñaron os méritos dos galardonados no ámbito local e nacional. O grupo de contacontos Pavís Pavós leva dende o ano 96 traballando na recuperación de xogos, cantos e adiviñas da nosa tradición, e a esa labor de investigación únelle o seu traballo de divulgación desa tradicional oral. De Vieiros, que está a piques de cumplir 10 anos, destaouse a defensa do galego e da información veraz e real de temas como os desastres do Enterprise e máis do Prestige. O premio entregarase o 27 de xaneiro, no Pazo da Cultura.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Pavís Pavós e «Vieiros» gañaron o premio Xoán Manuel Pintos