NA ÚLTIMA | O |
29 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.HAI UN extraño mecanismo nas persoas que fai que establezan odios cos veciños máis cercanos. Ocorre a muido coas vilas limítrofes, que chegan facilmente ó desprezo mutuo mentres establecen simpatías con localidades do outro lado do mapa con desculpas tan dispares como encontros gastronómicos, que as dúas vilas teñan un tamaño similar ou que os topónimos rimen entre si. Por iso, esa proposta do alcalde da Coruña para que varios municipios se agrupen baixo un único goberno local para gañar en eficacia non ten pinta de ter moito recorrido. Polo visto hai en España concellos que teñen un só habitante. Di a lei que para que ese municipio desapareza e se integre no do lado ten que acordalo por maioría ó seu único habitante, previa votación formal. Pois di o señor que non. Así que se as cousas se complican para por de acordo a un home, o lío de pareceres dun pobo enteiro semella un follón difícil de solucionar. Para apoiar á súa proposta, di Paco Vázquez que xuntar ós concellos serviría para gañar autonomía, sobre todo financieira. Pero ás veces, os cartos quedan escasos para cambiar as cousas. Sobre todo se están cimentadas máis nunha paixón moito máis fácil de axitar que na lóxica da que fala Vázquez.