Falar perxudica a saúde

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

06 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

SÓ un millón de daneses andan sen móbil. É o país do mundo con maior grado de penetración de aparatos, con catro millóns e medio de teléfonos portátiles por un puco máis de cinco millóns de habitantes. A cousa está a chegar a uns extremos tan desmesurados que xa proliferan as clínicas para tratar a xente que se considera adicta. Unha rapaza confesou que non pode sair da casa sen teléfono, aborrece os lugares sen cobertura e padece ataques de ansiedade se queda sen batería. Polo momento, incluso os episodios de adicción, non resultan moi preocupantes. Case nove de cada dez persoas que se someten a tratamento conseguen abandoar o problema sen recaer nas garras de adiccións máis complicadas. E iso que a maioría dos pacientes pasaban case dezaoito horas enganchados ós móbiles ou a Internet. O experto en tratar o tema ten unha petición para o Estado: que os aparatos tecnolóxicos se acompañen dun texto que advirta de que son perigosos e poden derivar en adiccións se se abusa deles. Igual non vale para nada, pero pode ser unha boa fórmula de negocio se se opta porque o usuario poda pedir a mensaxe nun tono deses que ofertan pola tele.