NA ÚLTIMA | O |

03 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

VARIAS firmas de comida preparada están a tomar decisións como reducir o tamaño das racións para evitar posibles demandas dos gordos. A situación contextualízase nos Estados Unidos, onde se logran indemnizacións millonarias polas demandas máis caprichosas. Como medida de precaución, un comité de expertos analiza o importe calórico de cada producto para sellar as posibles grietas legais polas que se poderían colar futuras denuncias colectivas de perxudicados por ter engordado demasiado. A espiral semella non ter fin. É coñecida a historia de quen logrou unha boa suma por demostrar que as queimaduras que sufriu o tirar por riba un café se debían a que o establecemento o servira demasiado quente. Ben visto, o seguinte paso debería ser unha demanda colectiva polos perxuízos que ocasionan as xornadas laborais demasiado longas ou as taras psicolóxicas que produce a visión da conta corrente a fin de mes. Sobre todo para os que non gozan da terapia reconfortante de poder dignificar as súas propias retribucións.