NA ÚLTIMA | O |
01 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.AS vodas van a menos. O ano pasado casaron en Pontevedra 4.354 persoas. Eles tiñan 29,7 anos e elas, 27,5, que é o que resulta das operacións que se fan para calcular estas cousas e incluilas logo en estudios sociais para obter un reflexo do que é o país. Polo civil uníronse 927 parellas e 14 por unha relixión diferente da católica. O resto optou polo procedemento tradicional de facelo frente ó cura. Os que non aguantaron máis deitándose cada noite ó lado dalguén a quen non soportaban acabaron por rachar o vínculo e pasar a engordar outras cifras: as das separacións, que foron 1.043; e dos divorcios, 648. Unhas páxinas máis atrás danse neste periódico algúns consellos de como preparar a voda, pero non como levalo ben despois. Detrás dos números, dos rapaces de 29,7 anos e das mozas de 27,5 hai historias complicadas para contar. E razóns para cada unha das 1.691 rupturas. Claro que no espacio desta columna é máis operativo dar unhas pinceladas coa frialdade dos números que abordar o desastre dalgunha separación traumática ou as marabillas dunha historia de amor desas de conto. Queda para outra ocasión na que haia máis espacio no que escribir.