Falta de medios

PONTEVEDRA

EN ISRAEL, hai cousa dun ano, diversas asociación comezaron a chamar a atención sobre o risco que sufrían moitos nenos polo simple feito de ser fillos de pais xudeos ultraortodoxos. Non se trataba de que a vida dos cativos estivera ameazada polo conflicto que aquel país manten con diversas nacións e grupos árabes, senón do perigo potencial que corrían polo simple feito de pertencer a familias numerosísimas. Resulta que, segundo a súa interpretación da vida, un importante número de fillos é garantía dunha nación israelí forte. O que sucede, e que, como denunciaban estas asociacións, as veces os pais esquencíanse dalgún dos seus once ou catorce fillos no medio das actividades máis cotiás. As perdas de nenos nos supermercados eran cousa frecuente. Pero a luz de alarma prendeuse cando dous cativos morreron deshidratados despois de que os seu pais os esquenceran durante horas dentro dun coche, con todas as fiestras pechadas e baixo o sol do verán israelí. Unha nai pontevedresa deixou en circunstancias similares á súa filla nentres ía xogar de madrugada ó bingo. O máis grave, sen embargo, é que a policía non acudiu a sacala por falta de medios.