«Moita xente en Pontevedra fala galego e leu ¿O Quixote¿ gracias a min»

María Victoria Moreno, catedrática de Lingua e Literatura que acaba de xubilarse A súa é unha xubilación anticipada, pero María Victoria Moreno, que exerce como profesora de Lingua e Literatura Española desde o ano 63, considérase «unha privilexiada». A súa paixón contaxia todo o que fai, xa sexa unha clase sobre O Quixote, os seus libros -escribiu ó redor de vinte- ou a súa fala cando se define como «unha adiantada» ó seu tempo. Moreno foi das primeiras docentes que ensinou en galego, feito que lle acarreou unha ficha policial e a perda do pasaporte, «pero hoxe hai xente que xa cobra por elo».


Victoria Moreno rematou os seus estudios de Lingua e Literatura en xuño no ano 63 e, en outubro, xa estaba traballando no Valle Inclán, fichada polo entonces director Marcelino Giménez. «Foi, máis que un pai, un irmán para min», recorda. Dous anos despois tivo destino en Lugo «e volvín feita unha muller. Alí me comprometín con Galicia», para regresar de novo ó Valle Inclán, onde transcurriu case toda a súa traxectoria, a excepción de catro anos en Vilalonga. «Eu quería quedar alí nunha casita no campo, pero á miña familia gustábanlle moito ás beirarrúas...» Así que a súa carreira finalizou este curso no IES Torrente Ballester, centro ó que pensa doar a súa biblioteca, de máis de 5.000 libros.-Vostede foi das primeiras docentes en dar clase en galego nesta cidade.-Si. Sempre tiven ideais, porque pertenzo a unha xeración na que os que pensabamos estabamos cheos de esperanza e confiabamos en arranxar un mundo inxusto. Primeiro con ese amor e logo con ilusión e conciencia social perdín o pasaporte e gañei unha ficha policial. Perdín a boa reputación e gañei amigos incomparables. Pero hoxe hai profesores de Lingua Galega que xa cobran un soldo... Sempre me adiantei e o paguei.-¿Botará de menos o ensino?-Moitísimo, pero o pensei ben. A miña é unha xubilación anticipada. Pensei que sendo unha todoterreo podería superar o cancro, pero non quero que os meus alumnos paguen a miña vellez e enfermidade. Na aula estou de marabilla e a pesar de que levo cinco anos enferma só faltei ás clases os días de «chute». Eso si, rematei o compromiso da miña vida que ten que ver co euro. Teño os fillos casados e colocados, e para min preciso pouco, porque nada do que vale diñeiro me atrae. Considérome unha privilexiada -como os Tauro, teño luz propia-. Amo as cousas que sei e as que non, amo o meu traballo e escribo moi ben. Se tivese nacido en Somalia, estaría morta e probablemente antes de morrer tería oito fillos e pasaría a terrible experiencia de ver morrer de fame a dous deles. Eu vínlle as orellas á morte, pero non era moi fea e non me asustou.¿¿Cal foi o peor momento que pasou nun aula?¿Con alumnos case que ningún. A excepción do ano 99-2000, en que os de COU soliviantáronse contra min. O que si tiven sempre é moita dificultade para explicar cousas nas que non cría. Ensino COU para que os meus alumnos aproben a Selectividade e para que despois leven unha bagaxe de coñecementos que lles van a ser útiles. Aínda que non son a única.-¿É certo que os estudiantes saben cada vez menos?-Saben menos, pero non son peores. Os alumnos que teñen familias equilibradas onde son a primeira preocupación, funcionan de marabilla. Pero se son fillos de drogadictos, parados, de parellas separadas e con problemas engadidos, é difícil que podan facelo. Ás veces, se marean porque veñen sen almorzar. Pero son tenros, bos, e saben quen os quere. Son pombas que veñen comer da man e non atopan sentido ós coñecementos. E as nosas mans son as mellores polas que pasan na súa vida. E iso que somos mercenarios, estamos porque nos pagan.-¿Ten pensado dedicarse agora máis á escritura?-Vaime quedar tempo, pero non son deses escritores que publican un libro ó ano. O que me apetece agora é coller o meu coche e darme unha voltiña por Europa, sen contratar hotel previamente. Quero parar e ver, mercar libros...-¿Que escritor gustóulle máis ensinar ós alumnos?-Son moitos. A verdade é que cos clásicos, podes sentirte como un parásito: vas de festa, e gañas o pan, igual que Gunilla. É dicir, gaño euros gracias a que Miguel de Cervantes escribiu O Quixote . Amo libros como O Quixote e a moitos outros escritores, e ás veces mesmo conseguín que os amasen os meus alumnos. Moita xente en Pontevedra fala galego gracias a Victoria Moreno e leu O Quixote gracias a Victoria Moreno. Penso que o fixen ben, abrindo camiños que para min foron moi gozosos.-¿E segue mantendo esa esperanza dun mundo mellor?¿Agora somos todos amigos de Bush. Francia antes era un foco cultural ¿e agora? Gustábame máis no 68.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Moita xente en Pontevedra fala galego e leu ¿O Quixote¿ gracias a min»