A aldea de Xunqueira de Espadanedo celebra esta fin de semana a sexta edición da Fornada Tradicional
10 abr 2026 . Actualizado a las 23:54 h.Os fornos dos oleiros de Xunqueira de Espadanedo volven hoxe a acenderse para festexar a sexta edición da Fornada Tradicional de Niñodaguia. Este sábado recrearase o proceso antigo de cocción, pero a celebración xa comezou esta noite. Houbo música e fiadeiros. Todo, para recordar como era vida no século XIX e na primeira metade do XX, cando os fornos de Niñodaguia eran o centro da actividade do pobo e dos arredores.
A festa arrancou cun percorrido nocturno, coa luz dos fachós, por Niñodaguia para recoller as pezas que se van enfornar hoxe. A andaina comezou no Museo da Olería e rematou nos antigos fornos dos cacharreiros. Non faltou o viño e os bocadillos de chourizo para os asistentes.
Hoxe, está previsto que a fornada comece arredor das doce e media. Haberá actuacións, de Irma Macías e Luís Pinto, que acompañarán ás Apañadeiras. A organización solicita que os asistentes vaian vestidos con roupas de principios do século pasado para ambientar a festa. Logo do almorzo, será o fiadeiro e despois, un obradoiro de baile tradicional a cargo da Escola Seisporoito. E haberá máis foliada.