«Teremos que pensar en asociarnos» complementarias a dos columnas y 3 líneas
XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
04 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
-¿Cantos formades parte da familia de oleiros de Niñodaguia?
-Agora mesmo somos seis os que traballamos. É unha cifra que non está mal pero hai que ser realistas. Así non vai ser por moito tempo se non se toman medidas como asociarnos.
-¿Qué diferenza o voso traballo?
-A materia prima é o barro, que é diferente alá por onde vaias. No noso caso da como resultado pezas amarelas ou incluso branquiñas.
-¿Como nacen as pezas?
-A súa maioría, que é o que estamos tentando facer, é a recuperación daquelas que se usaban a diario. En tempos non había cartos pero si que había barro e era un material barato. Iso si, non podemos esquecer que hai que ir adaptándose aos tempos.