Os Reis Magos felicitarán aos veciños nos pobos de Xunqueira de Ambía

M. R. V. OURENSE

XUNQUEIRA DE AMBÍA

ALBERTO LÓPEZ

Nestas festas, a colexiata está iluminada co símbolo do Xacobeo

28 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Xunqueira de Ambía adoita ter tódolos anos unha programación cultural para todos os públicos e en particular enfocada a aproveitar o excelente instrumento do órgano da antiga colexiata de Santa María La Real. Porén, pero a situación deste ano fixo que o Concello decidira extremar as precaucións e evitar calquera convocatoria de actos públicos para colaborar en manter a situación do covid controlada.

Pero non hai que esquecer que nestas datas, os nenos viven con ilusión a tradición dos Reis Magos e os seus representantes acudirán a saudar a nenos e maiores aos distintos pobos pero evitando concentracións de xente. Por parte do Concello tamén se enviaron cartas postais de felicitacións a todas as familias.

No tocante ao eido social, os voluntarios de Protección Civil van estar nesta datas máis pendentes, se cabe, das persoas que viven soas ou precisan axuda. Unha das singularidades de Xunqueira de Ambía é que é un dos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago. Nestas festas, desde o día 22 e ata despois de Reis a colexiata estará iluminada co símbolo de Xacobeo como primeiro fito da entrada da Vía da Prata en Galicia.