Camiños Sonoros ofrece dúas sesións en Xunqueira de Ambia

O órgano da colexiata será un dos protagonistas


Hoxe e mañá • 18.00 horas • Colexiata de Xunqueira de Ambía • De balde • O órgano da Colexiata de Xunqueira de Ambía está considerado como un dos mellores do mundo no seu tipo. E neste espazo monumental recalará esta fin de semana o proxecto dos Camiños Sonoros con dúas actuacións.

O sábado, os protagonistas serán dous alumnos do Conservatorio profesional de Ourense, Alejandro Vázquez Paradela e Andrés Rodríguez Rodríguez, un dúo de clarinetes, que interpretarán pezas de Haendel, Mozart e Hummel. O domingo o protagonista será o órgano ibérico, do ano 1758, que se atopa na colexiata e se toca en contadas ocasións. Será a oportunidade para gozar deste instrumento, coas interpretacións de Erea Blanco, alumna do Conservatorio de Vigo, que desenvolverá un repertorio con temas barrocos de Johan Juhnau, e cantigas populares medievais.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Camiños Sonoros ofrece dúas sesións en Xunqueira de Ambia