Nove concertos encherán de música os camiños xacobeos

Comezarán o día 22 coa actuación en San Martiño de Loiro

.

Do 22 de xuño ao 22 de decembro • Diferentes espazos da provincia • Cun concerto o día 22, venres, na igrexa de San Martiño de Loiro arrancará o festival Voces no Camiño, un proxecto que ofrecerá nove concertos e que ten como obxectivo «encher de música os camiños xacobeos de Ourense». A presentación da iniciativa tivo lugar onte e na mesma participaron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Coral Aqua Música, Antonio Fernández; a directora do proxecto, María del Carmen González; e o director da Banda do Camiño, Xavier Vaz. Xunqueira de Ambía, a catedral de Ourense, Celanova ou Bande son espazos patrimoniais onde se poderá disfrutar da música coral. Pecharase o 22 de decembro na catedral de Ourense.

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Nove concertos encherán de música os camiños xacobeos