Xinzo de Limia colaborará para interactuar en galego con Siri, Alexa ou Google
XINZO DE LIMIA
O municipio participa no Proxecto Nós, que conta cunha campaña para levar a lingua ao eido dixital
29 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.El conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, animou á sociedade de Xinzo de Limia a participar na campaña de doazón de voz posta en marcha no marco do «Proxecto Nós», a iniciativa da Xunta, en colaboración coa Universidade de Santiago, para impulsar a incorporación do galego no eido dixital. Co obxectivo de interactuar na lingua galega nas plataformas tecnolóxicas, pretencen coller a maior cantidade de horas gravadas en galego para garantir que as ferramentas do proxecto funcionen ben. Buscan fala de distintos lugares, variedades fonéticas e dialectais de Galicia e de persoas de distinto xénero e idade.
Un total de 16 concellos participan nesta campaña, entre eles Xinzo, para aumentar o rexistro do patrimonio roral e levalo ata dispositivos como Siri, Alexa ou Google.