O Inorde acollerá unha formación en actividades auxiliares de agricultura

La Voz OURENSE

XINZO DE LIMIA

Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Inorde en Xinzo de Limia
Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Inorde en Xinzo de Limia Cedida

A iniciativa terá lugar no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, en Xinzo de Limia

28 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O próximo 13 de decembro comezará no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, situado en Xinzo de Limia, un curso de formación en Actividades Auxiliares de Agricultura, logo de que «lograramos acreditar ao noso centro para impartir os certificados de profesionalidades nesta especialidade e na de “Agricultura Ecolóxica», explicou Rosendo Fernández, presidente do Inorde.

O curso comezará o 13 de decembro e rematará o 19 de abril, cunha duración total de 388 horas, que serán impartidas en horario de mañá de 9.00 a 14.00 horas. A acción formativa está dirixida prioritariamente para desempregados, aínda que poden entrar ata un 25% de traballadores. As prazas dispoñibles que se ofertan son 15 e os participantes non precisan ter titulación de acceso. Unha vez finalicen o curso disporán dun certificado de profesionalidade de Nivel 1. Esta actividade está financiada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.