Case 2.000 euros en premios no certame literario Carlos Casares, convocado polo Concello de Xinzo

La Voz OURENSE

XINZO DE LIMIA

Concello de Xinzo

O prazo de presentación remata a finais de maio

28 abr 2021 . Actualizado a las 14:36 h.

O Concello de Xinzo de Limia anunciou onte a convocatoria do concurso literario infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares. Na súa quinta edición, repartiranse 2.000 euros en premios, consistentes en vales para mercar libros e material escolar. O prazo de presentación remata o 28 de maio.