Xinzo vive o seu domingo oleiro

La Voz

XINZO DE LIMIA

Santi M. Amil

Os nenos terán a cita infantil pola mañá e as olas voarán no casco vello dende as cinco da tarde

17 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Dende as 12.30 hora • Xinzo • Logo de andar enchoupados en fariña, o pasado domingo, na capital da Limia vivirán o seu segundo domingo de entroido. As actividades comezarán ás 12.30 horas, coa saída do carro das olas dende o Museo Galego do Entroido. Logo (13.00 horas) celebrarase o oleiro infantil na praza Maior.

Xa pola tarde, ás 16.30 horas, volverá repetirse o ritual: saída do carro e celebración do domingo oleiro polo casco vello da capital da Limia. As olas voarán por Xinzo para rematar, como manda a tradición, escachadas no chan. Contra a noite, ás 20.00 horas, haberá folión a cargo do colectivo O Fiadeiro. E durante toda a xornada estará garantida a animación coa presenza de grupos musicais por toda a vila. Meliados, Tanto nos Ten, Abobriga e outras formacións da contorna serán as encargadas de poñer a banda sonora ao segundo domingo do entroido de Xinzo.