Xinzo de Limia, territorio e lealdade

José A. Parente PRESIDENTE DE NN. XX.

XINZO DE LIMIA

16 dic 2018 . Actualizado a las 15:35 h.

Neste 2018 celebramos o centenario das Irmandades da Fala, onde os irmáns Ponte en primeiro lugar, posteriormente dende 1923 no Seminario de Estudos Galegos e coa aparición da Xeración e do Grupo Nós, fraguábase a lealdade entre os homes e mulleres que irán a loitar por un obxectivo común, polo galeguismo e por Galicia, deixando obras magnas como a Teoría do nazonalismo galego, de Vicente Risco; Arredor de si do patriarca das letras galegas, Ramón Otero Pedrayo; ou os principais textos e escritos de Antón Losada Dieguez e de Florentino López Cuevillas, pero dende logo fixérono dende un principio fundamental, o da lealdade.

A lealdade é o principal dos principios a seguir na vida, e fundamentalmente na política. Primeiramente unha lealdade aos nosos veciños e veciñas e ao noso territorio, e logo, de forma moi importante, entre a familia política. Dende logo, ese foi o principal principio que Antonio Pérez nos inculcou á familia popular de Xinzo, facendo desta forma un bloque unido e familia, dende don Daniel, Isidoro, Manuel Cabas, Silvia Blanco, Loli Calvo, Tere Puga e Luís Miguel, ata os grandes colaboradores como Pepe e Elvira, Víctor e Lucía Limia, Julio Santana, Ramiro de Pidre, Teófilo de Boado, Benjamín Min de Rebordachá, Toño Rizos das Queirugás, Marián de Morgade, Toño de San Pedro e outros tantos fundamentais para a estrutura do Partido Popular de Xinzo, entre os que destaca unha persoa coa palabra lealdade gravada a ras de pel, como é Toni, Antonio Fernández Veiga. Grazas a el, hoxe podemos traballar en Novas Xeracións cun gran equipo de mozos e mozas, dende Vidal de Lamas, Kelvin, Carballal, Blanco, Manuel e Bea, Yerai, Dani Joga, David e Sara, Esmeralda que día a día seguen o principio que Toño inculcou a esta familia, a lealdade ao pobo e aos veciños do Concello de Xinzo.

Unha lealdade de dar solucións, de estar sempre onde hai que estar, de levantarse logo de caer, de preocuparnos sempre polas solucións e por unha política en positivo onde sempre nos apoiemos entre nós e nunca critiquemos aos demais; onde os fundamentais e máis importantes son os limiaos que confían en nós comicios tras comicios, dende as europeas ata as municipais, onde as cinco letras que compoñen Xinzo son o obxectivo diario a mellorar día tras día, cometendo erros humanos, e sempre intentando corrixilos da mellor maneira. Porque cremos en Xinzo e temos paixón por Xinzo e polos 33 núcleos de poboación, e por todos e cada un dos nosos veciños. Pero grazas ás ensinanzas do mestre, do patriarca, do noso pai político, de Antonio Pérez Rodríguez e a súa lealdade e traballo.