Xinzo estreará con dúas verbenas as Festas da Telleira no mes de xuño

La Voz XINZO / LA VOZ

XINZO DE LIMIA

CEDIDA

As celebracións serán os días 23 e 24 no barrio de Villasana

22 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O esforzo dunha comisión de festas integrada por tres persoas permitiu pór en marcha a primeira edición das Festas da Telleira, no barrio de Villasana, no centro de Xinzo. Os festexos serán os días 23 e 24 de xuño.

«Cerca de medio cento de negocios patrocinan ou colaboran coa organización, o cal é un dato moi destacado tratándose dunhas festas de nova creación», di o voceiro da comisión, José Antonio Parente.

O primeiro día, as actividades incluirán unha festa infantil, con inchables, disco móbil e unha festa gastronómica a partir das 22.00 horas, de balde para os colaboradores e veciños do barrio. Pola noite actuará o grupo M-3. A segunda xornada incluirá a actuación do grupo Élite. O Concello colabora coa cesión de alumeado e infraestruturas nesta primeira festa de Villasana.