Gracias Toño

José Antonio Parente O OURENSE TERRENAL

XINZO DE LIMIA

25 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Gracias Toño, gracias polo teu traballo, compromiso, lealdade e por ser o pai da familia do Partido Popular de Xinzo. Gracias por ensinarnos a crer e traballar nun proxecto chamado Xinzo, nun meniño que ti acunaches e que hoxe nos das crecido, sempre leal a túa familia, compañeiros, equipo, colaboradores, aos teus mozos, fuches o alcalde das Novas Xeracións.

Hoxe ese meniño crecido ten grandes expectativas de futuro gracias a túa intuición e xestión, tal e como di o noso presidente provincial, Manuel Baltar, un meniño que dende o ano 2011 e sempre unido aos teus equipos, conseguiches que fora a capital mundial da nosa lingua e cultura, coas letras para Carlos Casares, este pasado maio; un meniño con máis empresas e traballo, un meniño con melloras nas súas entradas tanto dende a avenida de Ourense, como na avenida de Portugal; un meniño que tamén creceu e mellorou nos seus 33 núcleos de poboación rurais; un meniño a piques de ter un entroido de interese turístico internacional; un meniño capital do mundo agrícola e rural, cun produto e sinal de identidade como é o noso tubérculo, a nosa raíña, a pataca; un meniño cultural, sempre pensando na riqueza histórica e etnográfica que temos como é o mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras ou a torre de Pena; un meniño que ten algo único en Europa, o Museo Galego do Entroido.

O meniño, hoxe criado, seguirá crecendo das maos do «vello profesor», de don Manolo Casas, con Loli, Silvia, Luís Miguel, Tere e Carliños e xunto con todos nós e os nosos colaboradores.

Gracias Toño, gracias por erguernos cando nos caimos, por estar aos noso lado cando subimos, por ser o noso paraugas, por ensinarnos a traballar no noso, sen chegar a criticar aos demais. Gracias por ser o meu pai político, arrouparme, confiar en min e apostar polos meus proxectos sempre ligados ao noso meniño chamado Xinzo; gracias por ser o noso pai, o noso presidente local, o noso alcalde, pero sobre todo, por ser Antonio Pérez, o xestor de Vilar de Lebres. Seguiremos unidos e traballando en familia polo noso meniño.

Gracias Toño, gracias Antonio, gracias sempre por as palabras comigo, con Novas Xeracións e cos membros do PP de Xinzo, gracias Chavelleiro, pero sobre todo, gracias alcalde.

Hoxe máis que nunca a frase de Otero Pedrayo no libro Arredor de si ten maior sentido e sentimento: «Só a lembranza de onde veño, me axuda a saber cara onde vou».

José Antonio Parente é presidente de Novas Xeracións en Ourense