-Estanse desenvolvendo actividades na Limia dende diferentes centros e colectivos. A escolla da RAG suscitou unanimidade?
-Tanto el como toda a súa familia son xente moi querida e persoas das que toda a Limia se sinte orgullosa. A identificación do pobo de Xinzo coa figura de Carlos Casares é total e todos os colectivos e cidadáns apoian e celebran a decisión da Real Academia Galega.
«O Concello destina unha partida de 55.000 euros aos actos en memoria do autor»
Luis Miguel Gil Penín (Valladolid, 1976) é o responsable de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude no Concello de Xinzo de Limia. Con catro anos volveu para a vila -os pais estaban na emigración cando el naceu- e lembra a figura da persoa que durante este ano protagoniza a festa da cultura de Galicia.