«Nestes catro anos a Festa do Esquecemento creceu moito e xa é momento de deixar paso a outros»

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón OURENSE/LA VOZ.

XINZO DE LIMIA

23 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Para Silvia Dopazo a do décimo aniversario é a derradeira edición da Festa do Esquecemento con ela de máxima organizadora exercendo a súa función como presidenta da asociación Civitas Limicorum. O anuncio feito polo actor Farruco Castromán en torno a gravación dunha película sobre celtas e romanos aproveitando a ambientación da festa quedará como o seu regalo de despedida. Grazas a esa iniciativa cinematográfica «Xinzo e a súa Festa do Esquecemento pasarán a historia», dixo ela sobre a nova ante os seus veciños.

-¿Por que o deixa?

-Creo que despois de catro anos organizando a festa xa é necesario un recambio xeracional e deben tomar o relevo outras persoas.

-¿Cando se fará efectivo o cambio?

-As subvencións das institucións ás veces tardan un pouco en chegar. En canto cheguen e teñamos todo o de este ano pagado, se convocarán unhas eleccións, se poderá presentará quen queira e entón se fará efectivo o cambio.

-¿Como valora o traballo feito ó longo destes catro anos?

-Neste tempo houbo de todo, pero creo que o resultado foi moi positivo. O primeiro ano foi o máis difícil pero despois fomos creando moitas cousas e crecendo moito en outras. Nestes anos a Festa do Esquecemento creceu moito e por iso xa é o momento de deixar paso a outros, a xente nova que pode aportar novas ideas.