Historias do neno de Tosende

XINZO DE LIMIA

PILI PROL

Crónica | Homenaxe do Concello de Baltar a Riveiro Coello O autor de obras como «As rulas de Bakunin», «A quinta de Saler» ou «Animalia» recibiu onte o título de fillo predilecto do municipio de onde eran os seus antergos

04 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?ecía Rilke que a nenez é a patria dos homes. E para un dos autores de maior recoñecemento e prestixio da literaria galega de finais do século XX e comezos do XXI, Antón Riveiro Coello, as terras da Limia e o municipio de Baltar son as orixes donde se foron labrando e tomando corpo moitas das persoaxes e as historias que percorren o seu universo literario. Aquel neno de Xinzo que pasaba tempadas no pobo dos seus antergos, en Tosende (Baltar), voltou onte ás orixes para recibir o recoñecemento dos seus veciños nun sinxelo e emotivo acto na Casa da Cultura de Baltar. Acompañado pola súa familia -«para min resulta moito máis emotivo este recoñecemento por estar presentes a miña nai e a miña avoa»-, Riveiro Coello escoitou as gabanzas que del e da súa obra fixeron os responsables políticos do municipio e un grande amigo e admirador da súa obra: Delfín Caseiro. Caseiro lembrou que Riveiro Coello se ten convertido, en só unha década, nun dos autores máis sorprendentes, prolíficos e admirados do panorama literario e cultural de Galicia. Fixo un repaso da súa obra e lembrou que detrás dos seus traballos máis significativos está a Limia, as súas xentes, as súas historias e lendas e o espazo máxico da Lagoa de Antela. Referiuse Caseiro a que A Limia e Baltar son os mundos máxicos que aparecen en A quinta de Saler e que as mesmas referencias figuran en A esfinxe de amaranto, o mesmo que aparecían no seu día nos relatos de Animalia. Con anterioridade o alcalde, Silvestre Rodríguez, lembraba o acordo tomado por unanimidade polo Concello de Baltar -o 28 de maio- de declarar a Riveiro Coello fillos predilecto do municipio e o secretario diu lectura á acta donde figuraba o acordo. Nome á biblioteca Riveiro Coello amosou o seu agradecemento por unha distinción «da que tentarei facerme merecedor», lembrou ao seu bisavó José María -entre outras cousas, alcalde de Baltar- e ao seu avó Alfredo, ás xentes do pobo de Tosende «onde se foron labrando o que logo serían moitas das miñas historias e persoaxes» e comprometeuse a enviar «lotes de libros» á biblioteca do pobo ao enterarse que esta vai levar o seu nome a partir de agora.