«Buscamos a orixe do pobo»

La Voz

XINZO DE LIMIA

MOURENZA

VICTORIA MOURENZA EL CRONÓMETRO Carlos Gómez, presidente da asociación Civitas Limicorum

14 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Despois de dous mil anos o circo romano volve a Galicia. Ese podía ser un dos reclamos para acudir este fin de semana a Xinzo á Festa do Esquecemento. Carlos Gómez Salgado, presidente da asociación Civitas Limicorum, é o principal impulsor dunha cita coa historia que se está fraguando desde hai case dous anos. Comenta que «temos cerca de corenta grupos inscritos, que supoñen sobre seiscentas persoas, pero haberá máis». -¿Cal é a particularidade da Festa do Esquecemento? -É a primeira de Galicia que recrea a época romana porque o resto ou son medievales ou castrexas. -¿Por qué elexistes esta etapa histórica? -Porque estamos nunha vila e nunha comarca que non temos Idade Media. Xinzo ten unha idade antiga moi remota, dende século II ata o IV, e despois desapareceu. Buscamos as orixes do pobo, sempre co obxectivo de facer conciencia colectiva e sentirnos orgullosos da nosa historia. -Hai unha minuciosa labor de documentación. -Témonos preocupado moitísimo por profundizar no coñecemento daquela época. En marzo imos facer unhas xornadas sobre vestixios galaicoromanos na Limia. Este é o primeiro paso que damos coa festa por diante, pero todo o que facemos vai encamiñado a descubrir a nosa historia. -¿Cal é o acto central? -Hai dous moi importantes, un deles o sábado, co circo romano, feito por unha compañía que traballa en Terra Mítica. Aquí van desarrollar todas as súas habilidades de gladiadores, carros de cabalos, probas gregas e danza. O outro acto central e o que lle dá sentido á festa sería o paso do río do Lethes o domingo ó mediodía, coa chegada das tropas de Décimo Xulio Bruto.