Ángeles Vázquez reuniuse en Vilariño de Conso con axentes públicos e privados para buscar solucións contra os lumes

Trátase dun novo encontro de traballo sobre as principais causas, consecuencias e particularidades dos lumes que afectan ás parroquias de alta actividade incendiaria

.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, presidiu hoxe na localidade ourensá de Vilariño de Conso un novo encontro de traballo sobre as principais causas, consecuencias e particularidades dos lumes que afectan ás parroquias de alta actividade incendiaria (PAAI) naquela zona. Nesta xuntanza participaron tamén os alcaldes de Vilariño de Conso e do limítrofe concello de Viana do Bolo, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Garda Civil e Policía Autonómica) da contorna e técnicos das consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

 A conselleira lembrou que Ourense é a provincia galega con máis PAAI (52, dun total de 77 que hai en Galicia, é dicir, case o 70%), polo que cómpre reforzar nela a coordinación, o control, a sensibilización e a disuasión fronte a actividade incendiaria. Por este motivo, indicou, Medio Rural puxo en marcha un calendario de 15 reunións de traballo por toda Galicia (a maior parte delas en Ourense) para intensificar estes traballos por parte dos axentes vinculados directamente ao territorio en cada zona.

  No caso de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, a conselleira sinalou que son 5 as PAAI de ambos concellos e destacou que só nelas houbo ata 380 incendios nos últimos dez anos, que afectaron unha superficie de máis de 4.200 hectáreas. É, pois, «un problema moi serio», dixo, que require a implicación de toda a sociedade para facerlle fronte.Ángeles Vázquez engadiu que o obxectivo destas reunións é facer, entre todos, unha análise pormenorizada do ocorrido a nivel de distrito forestal (neste caso o número XIV, Verín-Viana), co fin de mellorar a investigación e, en xeral, a loita contra o lume “antes, durante e despois” de que este se produza.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Ángeles Vázquez reuniuse en Vilariño de Conso con axentes públicos e privados para buscar solucións contra os lumes