Colle o diñeiro e vai a modo


Non se sabe se os atracadores dunha entidade bancaria de Vilardevós coñecen a Woody Allen ou non. En todo caso poderáselle preguntar cando aparezan, se tal é o caso. De coñecelo, ao referido director de cine, seguro que non colleron apuntes para evitar o que lles ocorreu. Aínda que con todo ao mellor ata lles sae ben a xogada, porque quen nos di que coa de traballo que hai agora no sector das series para televisión non rematan por facer unha miniserie sobre o acontecido. Ou máis, que o oficio dos novos guionistas dá para moito.

A cousa non é para menos. Porque ser foi ao besta, como nos vellos tempos, e merece a pena reparar no suceso. Durmían con toda a tranquilidade do mundo os veciños de Vilardevós cando vai e escoitan un lostregazo como un mundo. E que aconteceu? Nin máis nin menos que uns ladróns van e amarran o caixeiro automático dun banco e turraron por el a cachón para arrincalo da parede e fuxir con mesmo. Cometido que non é broma, cos centos de quilos que disque pesa o condenado. É dicir: fano gordo para que, precisamente, non o leve calquera nunha arroutada.

E deberon fuxir tan ás presas que vai e perderon o cargamento polo camiño. Traballo que aforraron, porque despois tiñan que pórse a abrir a caixa e desfacerse das «probas». Resumindo, que quixeron facer tan rápido o traballo que remataron perdendo o diñeiro polo camiño. E agora, logo de aprender que debían ir máis a modo, estaranse laiando: sen cartos e coa Garda Civil atrás deles. Vilardevós, caixeiro, afouteza, lonxano oeste, cine. Aquí hai material!

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Colle o diñeiro e vai a modo