Tallón novela na súa última obra, «Salvaje Oeste», os mecanismos da corrupción

edith filgueira OURENSE / LA VOZ

VILARDEVÓS

Santi M. Amil

O libro retrata unha época de esplendor e decadencia, cunha sociedade que non remata de castigar o mal uso do poder público

07 abr 2018 . Actualizado a las 21:32 h.

Ourense, que ben podería ter sido noticia por un caso de corrupción dos que saen á luz con frecuencia en España, foi onte noticia por como se pode novelar sobre esa corrupción e os seus mecanismos. A última obra do escritor e xornalista Juan Tallón (Vilardevós, 1975) presentouse na libraría Tanco ante máis de cincuenta persoas que asistiron ao encontro entre o autor ourensán e o músico Antón Reixa, que se encargou de facer a introdución. «Tallón describe o mal e faino ben», dixo Reixa sobre unha historia que narra, sen referencias temporais, unha época na que a corrupción e a ambición desmedida se mesturan coas drogas e o delirio urbanístico. «Trátase dunha historia moi similar á do Titanic. Cando abrimos as primeiras páxinas estamos situados no palco VIP do estadio do Real Madrid e xa se sabe que a partir de aí todo pode ir a peor», ironizou o artista.

«A novela vai sobre o poder, como se conserva e como nalgún momento se pode perder. E ao mesmo tempo sobre como a cidadanía, e os medios de comunicación, se sitúan ante un exercicio de poder tan abusivo -sinalou Tallón ante o público dunha sala abarrotada-. O abuso do poder non é algo novo. Eu creo que o realmente novo que eu trato de captar na novela é ese poder que empezou a confundirse cos negocios, e eses negocios transformáronse en pracer».

É Salvaje Oeste (Espasa). Máis de seiscentas páxinas nas que Tallón retrata unha época de esplendor e decadencia, cunha sociedade que non remata de castigar o mal uso do poder público.

O autor, que tardou en escribir o libro preto de tres anos, estará o martes en Vigo, na Casa del Libro, ás 19 horas, e o venres na Coruña, na Fnac, á mesma hora.