A Sociedade Galega de Historia Natural recibirá o premio Pedra Alta do Museo da Limia

La Voz

VILAR DE SANTOS

Museo da Limia de Vilar de Santos
Museo da Limia de Vilar de Santos PILI PROL

O padroado destaca o traballo da sección Antela do colectivo

08 nov 2022 . Actualizado a las 15:45 h.

A Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia (Vilar de Santos) acordou conceder o premio Pedra Alta 2022 á Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), sección Antela. Os membros do padroado do museo sinalan que en A Limia é necesario harmonizar un desenvolvemento económico sostible coa conservación dos valores ambientais que hai nela, en referencia ó traballo que levan acabo desde a SGHN. Recordan que un dos obxetivos do premio é valorar aquelas persoas, grupos ou entidades que son capaces de deseñar modelos compatibles co ambiente, e a súa vez respectar o desenvolvemento económico da comarca, eminentemente agrario e gandeiro.

Falan da súa longa e incansable historia: «Son once anos de intenso traballo na Limia, dun traballo arduo, sacrificado; no que non se busca un recoñecemento persoal, onde hai dedicación altruísta, voluntariado, con emprego das horas de descanso, do seu tempo libre ou das súas vacacións. Ás veces con custes económicos persoais importantes. Son persoas, homes e mulleres, que a súa satisfacción é ver resultados: hábitats recuperados, natureza viva, conservación de especies no límite da súa supervivencia, conseguir facer compatible sectores económicos fundamentais da comarca con un medio natural equilibrado», argumentan.

A entrega do galardón, unha réplica en granito da Pedra Alta de Xosé Lois Carreira acompañada dun diploma acreditativo diseñado por Manolo Seoane e Lola Peláez, terá lugar nun acto público que se celebrará no Museo da Limia o 26 de novembro.