Banda deseñada sobre Ricardo Carvalho Calero

A publicación preséntase o venres en A Arca da Noe


En A Arca da Noe hai pre-lanzamento do volume Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de terra. O proxecto de banda deseñada foi unha iniciativa de AGAL e para facer realidade a proposta xuntaron esforzos Através Editora e Demo Editorial. Os ilustradores Xico Paradelo e Irene Veiga e o deseñador Iván Suárez son os autores do libro que se presenta o venres, ás 20.00 horas, no local de Vilar de Santos. «Foi unha experiencia da que quedamos moi satisfeitos, polo resultado e por como se desenvolveu. Fíxose unha campaña por Verkami e xuntáronse 9.000 euros, o que nos permitiu facer unha edición que é un luxo: 120 páxinas de banda deseñada, en tapa dura e cunha calidade que está ao nivel da mellor BD que se está a facer na actualidade», sinala Xico Paradelo. Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de terra ten dous grandes eixos narrativos: «O que se refire ao percorrido polo pasado e pola historia da Galiza, por unha banda, e o achegamento á unha figura da importancia e da transcendencia de Ricardo Carvalho Calero», apunta Paradelo. Moita documentación, bibliografía, testemuñas e materiais para crear un proxecto que servirá para espallar a figura e a obra do persoeiro ao que se lle adican este ano as Letras Galegas. O día 4 preséntase na Fundación Risco.

 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Banda deseñada sobre Ricardo Carvalho Calero