Vilar de Santos participa na campaña «En negro contra as violencias»

La Voz XINZO

VILAR DE SANTOS

Santi M. Amil

O Concello elixiu o venres para celebrar o acto central de repulsa contra a violencia de xénero

21 nov 2018 . Actualizado a las 17:54 h.

Vilar de Santos súmase a campaña “En negro contra as violencias”

O Concello de Vilar de Santos participa,  xunto a outros 102 concellos e as Deputacións de Coruña, Lugo e Pontevedra, na campaña Concellos en Negro co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento ante calquera tipo de violencia contra as mulleres con motivo do 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

As actividades incluirán diferentes propostas ata o 26 de novembro dirixidas a sensibilizar respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. «Durante estes días usaremos o negro, símbolo do loito, en todos os pobos e nos locais e servizos municipais, centros sociais, no centro de dia, na escola infantil e no Museo Etnográfico da Limia», segundo explicaba o alcalde, Xan Jardón. O acto central da campaña terá lugar o venres 23 de novembro. Ás doce da mañá na praza do concello darase lectura a un manifesto institucional contra as violencias.