«A moda debe ser feita e comercializada dun xeito ético»

Os membros da cooperativa cultural compostelá amosan o seu traballo en A Arca da Noe, en Vilar de Santos


Os membros da cooperativa cultural galega Cestola na Cachola, integrada por tres artistas, expoñen ata xuño o seu traballo na Arca da Noe, en Vilar de Santos. Raquel Doallo, unha das cooperativistas desta empresa, fundada hai cinco anos e radicada en Santiago, defende a necesidade dunha cultura e dunha economía sustentable e respectuosa cos valores éticos, lonxe da explotación ou o consumismo desaforado.

-Cal foi o motivo de crear a cooperativa?

-Somos tres persoas que tiñamos unha traxectoria vinculada ao arte (ilustracións, cadros ou murais) no caso dos meus compañeiros Joana Almar e Miguel Peralta e ao traballo das oenegés no meu. A idea da cooperativa veu de que funcionase dun xeito democrático, sen egos ou imposicións.

-Que oferta o cooperativa?

-Dun xeito, pintura, con cadros, murais. Doutro, temos un apartado dedicado a impartir de cursos sobre a economía social ou solidaria e a consultoría social. Por outra banda, impulsamos o que chamamos moda ética; é dicir, o uso e compra de roupa feita e deseñada con tecidos naturais e elaborada dun xeito ecolóxico, sen compoñentes nocivos para o medio ambiente.

-Que expoñen en Vilar de Santos?

-É un pouco unha mostra da noso traballo, exhibimos cadros e diversos obxectos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«A moda debe ser feita e comercializada dun xeito ético»