Ourense: O Museo da Limia organiza unha lembranza de Antón Tovar
Impúlsase a súa candidatura para conseguir un Día das Letras
La Voz de Galicia
ourense / la voz
O Museo da Limia e o Centro de Cultura Popular da Limia organizaron para este sábado (ás 18.00 horas, no museo situado en Vilar de Santos) unha lembranza do poeta Antón Tovar, para quen se está a impulsar a candidatura para conseguir un Día das Letras. O acto incluirá a presentación do libro Antón Tovar. Conversas cun vello revoltado; e do audio Casares, Valente, Tovar. Ourense, Xenebra, A Limia. Intervirán o autor do libro e do audio, Xosé Manuel del Caño; o presidente do patroado do Museo da Limia, Delfín Caseiro; escolares do CEIP Carlos Cid, de Rairiz de Veiga; e o cantautor valdeorrés Anxo Rei. A entrada é libre e de balde.
También en La Voz
El mensaje de Sanidade a la hostelería que no cumple las normas: «Están poñendo en risco a todos»
La Voz de Galicia
Comentarios