Sonoro Maxín presenta «Sete Dezasete» con dous concertos

La Voz

VILAR DE SANTOS

CEDIDA

A banda ourensá toca hoxe no café cultural Auriense e mañá estará no local de El Pueblo

21 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Auriense e El Pueblo • 21.30 e 22.00 horas • 5 e 7 euros • O Sonoro Maxín xuntouse por vez primeira na primavera do 2007 e, pasados dez anos, na primavera do 2017, presentan disco. Naquela altura, hai unha década, encetaron a asubiar, tocar e bailar as cancións das que gostaban e agora, neste 2017, presentan un mangado de cancións «que falan dun lugar da nosa vida que leva o teu nome, baila coma ti e canta como ti cantas». Un disco que leva por título «Sete Dezasete», números que coinciden coas datas que marcaron ao Sonoro Maxín e cos días de feira na cidade. O mercado arredor da Praza de Abastos acolle todo o que se pode necesitar, do queixo as sementes pasando polo rianxo, e as músicas de «Sete Dezasete» nacen «deste caos organizado, desta feira cambiante que non somos quen de ordear completamente». A banda ourensá presenta o seu traballo hoxe e mañá na cidade, esta noite no Auriense e mañá en El Pueblo, e logo comeza unha xira por toda Galicia. O vindeiro 7 de maio estarán en Vilar de Santos.