O sábado entrégase o premio de poesía FDG

O acto desenvolverase no Centro Cultural Avenida, de A Rúa


Sábado 29 • 21.00 horas • Centro Cultural Avenida de A Rúa de Valdeorras • Entrada gratis • O sábado terá lugar a entrega do primeiro premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán, impulsado pola Irmandade do Florencio, creada para divulgar a figura do poeta de Córgomo e pedir para el un Día das Letras. O acto será ás nove de noite, nunha gala guiada por María Lado e Lucía Aldao. Elas darán a coñecer o nome da obra gañadora, que horas antes elixirá o xurado nunha reunión prevista á unha da tarde en Córgomo, o pobo de Vilamartín onde nacera o poeta. Os actos continuarán o domingo ás doce e media coa presentación da exposición «FDG Bebedeira de ensoños», na Casa da Cultura de Petín. Á unha haberá un recital poético cos «Poetas da hostia».

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O sábado entrégase o premio de poesía FDG